Camiño Xacobeo Ría de Muros e Noia

Ría de Muros-Noia: el Camino de Santiago que nace del mar

O pasado 15 de decembro de 2020 o Cabildo catedralicio declarou oficialmente o Camiño de Muros-Noia como Roteiro Xacobeo. Unha declaración que recoñece este itinerario en igualdade de condicións que o resto dos camiños e o dereito á obtención da compostela aos peregrinos que o realicen.

Co fin de axilizar os traballos de investigación e rehabilitación do Camiño así como a súa promoción e xestión turística constituíuse a Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, integrada por todos municipios polos que transmite o Camiño: Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago de Compostela. Actualmente a Asociación está a traballar no desenvolvemento dun plan estratéxico para a promoción cultural e desenvolvemento turístico deste Camiño.

O camiño ten a peculiaridade de contar cun dobre punto de inicio: un atópase no porto de Muros e outro no de Porto do Son. No primeiro destaca que Muros converteuse no porto deportivo con maior número de iates, veleiros, lanchas ou catamaráns en tránsito de toda Galicia. En Porto do Son atópase o Club Náutico de Portosín, que conta co engadido de ser o punto de inicio da sección a pé dos que se animaron a realizar a Travesía Náutica Xacobea, un proxecto nado en 2019 grazas a colaboración de “A Ría dá Estrela” con Sailway e a Asociación de Clubs Náuticos de Galicia ASNAUGA. Un roteiro para a que non se necesita barco nin experiencia previa: só tes que enrolarche e partir desde Vigo ou Baiona, parando de porto en porto, gozando dunha actividade totalmente diferente.

A diferenza doutros camiños, que inmediatamente se botan terra dentro, no de Muros-Noia o mar será o noso compañeiro durante moitos quilómetros. O peregrino terá a fortuna de gozar do contorno litoral mellor conservado das rías galegas. Camiñar a poucos metros da auga, porque, se sempre se di que o mar é un espello, na Ría de Muros Noia o é máis que nunca.

Un camiño con historia

A recuperación da memoria do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia foi clave para a súa oficialidade. Ao traballo que desde anos están a facer historiadores locais, engadíronse nos últimos anos dous traballos fundamentais financiado polos Concellos do Camiño: O estudo de historicidad, que recompila os fitos máis importantes da historia deste roteiro de peregrinación e o estudo de delimitación do trazado do Camiño, que define con criterios científicos o percorrido do principal roteiro de comunicación entre as localidades da Ría de Muros Noia e Santiago de Compostela desde a Idade Media. Ambos os traballos foron asinados por un equipo interdisciplinar dirixido polo Arqueólogo Mario César Vila, o arquitecto Marcial Rodríguez e o urbanista Javier Harguindey.

 

 

Unha investigación que se sustentou en catro grandes fitos nos que se fundamenta a recuperación da memoria deste Roteiro Xacobeo: A segunda cruzada cuxa frota, composta por máis de 200 naves funda o Camiño da Ría de Muros Noia; o “Portus Apostoli” ou carta fundacional da vila de Noia do ano 1168 concedido polo rei Fernando II; o roteiro comercial do século XV do navegante veneciano Pietro Querini e a carta que Carlos V escribe ao gobernador de Galicia esixindo a liberación de 50 peregrinos franceses apresados no porto de Muros e ditando normas para que aos peregrinos non se lles cobren tributos.

Consulta aquí o track oficial do camiño (kmz).