Feiras
A Feira da Serra
Antigamente a feira da Serra como tantas de outras vilas galegas tiña unha importancia vital para as transaccións que se facían na nosa contorna, cun grande dinamismo económico e social. Hoxe en día, os avances das comunicacións, a ampliación da rede viaria e as novas maneiras de transacción de produtos fixeron que as feiras tradicionais evolucionen cara ás feiras semanais.
En Outes, a feira e feirón desapareceron; actualmente existe unha feira o 1º e 2º sábado de cada mes no Cunchido e rúa da Vila, respectivamente.