Festas

Festas e celebracións máis salientables do noso Concello.
Os patróns das respectivas parroquias son:
Parroquia Onomástica Data
Tarás San Xián 9 de Xaneiro
Cando San Tirso 28 de Xaneiro
Roo San Xoán 24 de Xuño
Outes San Pedro 29 de Xuño
Matasueiro San Lourenzo 10 de Agosto
Entins Santa María 15 de Agosto
Santo Ourente de Entíns Santo Ourente 26 de Agosto
San Cosme de Outeiro San Cosme 27 de Setembro
Valadares San Miguel 29 de Setembro
O Freixo de Sabardes San Xoán Evanxelista 27 de Decembro
Outras festas e romarías de Outes son:

Santiago Apóstolo

Patrón do concello, que se celebra o 25 de xullo.

San Cristovo

Celébrase o domingo máis próximo ao día do Apóstolo. É unha das nosas festas máis tradicionais; e inclúe desfile de coches decorados e remata cunha degustación de sardiñas con broa.

San Campio

A romaría do San Campio é unha das máis famosas, non só de Outes, senón tamén dos concellos limítrofes. Celébrase o 29 de setembro, na igrexa parroquial de Santo Ourente, na que se gardan as reliquias do santo. É San Campio o santo das enfermidades nerviosas ou mentais, persoas das que se lles di que teñen o “mal cativo” ou o demo metido no corpo. Debido tamén á súa condición de militar, os mozos encomendábanse a el, cando tiñan que incorporarse ao servizo militar ou marchaban para a guerra.