Muíños

Muíños de Albeida

Entre os múltiples muíños que temos no noso concello, destacan os muíños de Albeida, no lugar de Rates. A estratéxica disposición destas construcións ao longo da caída do regato de Albeida, proporcionan ao conxunto unha beleza singular. Aquí atopamos unha zona ben sinalizada que indica unha ruta de sendeirismo. Nesta paraxe temos diante nosa oito muíños dispostos pola ladeira do regato que os abastece. Dende este punto sae a ruta de sendeirismo Albán-Tremuzo, de aproximadamente 14 km de distancia e que merece a pena realizar.