Praias

O concello de Outes conta con varias praias. De todas, podemos destacar as seguintes:

Praia de Broña

Praia semiurbana, con forma de enseada. Ten 475 m. de lonxitude e 20 m. de anchura. Con base de area de cor branca e protexida dos ventos do norte. Está dotada de diferentes infraestruturas como unha zona infantil e tamén zona verde con mesas e bancos.  Goza de bos accesos e estacionamento. Posúe servizo de vixilancia e servizo de limpeza. A continuación desta praia, dirección O Requeixo e despois de pasar unhas rochas, atopamos unha tranquila praia de complicado acceso chamada “Vitareira”.

Praia da Arnela

Situada na parroquia do Freixo. É unha preciosa cala resgardada, de difícil acceso e augas tranquilas.

Praia de Siavo

Atópase no lugar do Freixo, ten arredor de 240 m. de lonxitude por 8 m. de anchura. É un areal resgardado e tranquilo, de fácil acceso, tanto en coche como a pé. Conta cunha zona infantil para lecer dos máis pequenos.