Os aserradoiros

Os aserradoiros

Os aserradoiros* son instalacións mecanizadas ou artesanais adicadas ao serrado de madeira.
Os aserradoiros son industrias de primeira transformación da madeira; proveen produtos semiacabados que xeralmente son destinados a unha industria de segunda transformación (carpintaría, ebanistería, construción, etc..) encargada de fabricar obxectos ou partes de obxectos de consumo.
As primeiras serras mecánicas eran movidas por muíños, polo que os aserradeiros estaban situados tradicionalmente nas proximidades dos cursos de auga, facilitando tamén éstes o transporte dos troncos.
A finais do século XIX foi cando comenzaron a utilizarse os aserradoiros. Coa chegada da electricidade, ésta incorporase á maquinaria que se emprega neste tipo de instalacións, facilitando o desenvolvemento do traballo cotiá.
Algunhas das actividades que se realizan nos aserradoiros son:

Cantonado

Consiste en facer avanzar troncos de árbores ou ramas grosas a través dunha serra circular ou de disco.

Restestadora

Con este tipo de aparello fabrícanse táboas de diferentes medidas e grosos que se empregan na industria para elaboración de mobles, produtos de madeira, taboas, etc.

Tronzado

Consiste no corte transversal do tronco ou rama grosa, un sistema similar a unha guillotina de corte. Preferentemente o produto resultante emprégase para consumo dos fogares, como leña en panaderías, etc.

O monte na nosa contorna, tivo un papel fundamental ao longo dos tempos. De feito, considerouse como unha segunda despensa dentro da economía dos fogares outenses, por ser unha fonte de ingresos importante. Nos anos 60 do século pasado, chegaron a haber un total de vinte aserradoiros. De aí podemos constatar o importante papel que desempeñou este sector en Outes. Hoxe en día en declive pola caída dos prezos da madeira no mercado da compra e venda, a introdución de novos materiais e a escasa xestión dos nosos montes, o que axudou e perpetuou a escasa ou nula representatividade desta industria na actualidade no noso Concello.

*A palabra que recolle a Real Academia Galega para denominar este tipo de industria é serradoiro, mais optouse por conservar a forma tradicional da zona que engade ese son ao comezo da palabra sen que mude o significado.