Proxecto Sancosmeiro

Proxecto Sancosmeiro

RECONSTRUCIÓN SANCOSMEIRO E RECUPERACIÓN DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA

O Concello de Outes ten previsto a dinamización do Espazo Museístico da carpintaría de ribeira estaleiro Ciprián e a recuperación da profesión da carpintaría de ribeira, así como o compromiso coa recuperación do patrimonio marítimo tanto material como inmaterial.

Dentro deste compromiso vaise promover un proxecto conxunto coa Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes baseado na reconstrucción dun sancosmeiro (embarcación autóctona dos estaleiros de ribeira do concello). Este proxecto está financiado nun 98% (142.486,13 €) a través dos fondos FEMPA da Consellería do Mar que xestiona o Galp Seo de Fisterra Ría de Muros e Noia Costa Sostible. A cofinanciación por cada socio é de:

        • Concello de Outes: 138.076,13 €
        • Terra de Outes: 4.410,00 €

Para isto levaranse a cabo, a parte da reconstrución, accións formativas como elemento para recuperar e manter viva a profesión da carpintaría de ribeira e a gravación de videos didácticos durante a
construción e a formación.

O fin é continuar coa transmisión técnica da sabedoría dos carpinteiros de ribeira expresada a través da reconstrución intelectual dunha embarcación de características formais que respondan ás necesidades concretas do actual momento e contexto social.

A execución deste proxecto parte dun acordo de colaboración entre o Concello de Outes e a Asociación Cívico Cultural Terra de Outes. Os obxectivos principais deste proxecto son os que marca o plan da cultura marítima de Galicia Horizonte 2030:
•Retomar o coñecemento do tradicional oficio da construción de embarcacións.
•Incorporar novos avances no uso da madeira para a construción de barcos.
•Introducir produtos e sistemas innovadores.
•Creación dunha reconstrución dunha embarcación desaparecida na nosa ría.
•Transmitir todo o saber facer da profesión levando a cabo un proxecto didáctico e formativo cun mestre
carpinteiro especialista en embarcacións tradicionais.

Preme sobre a imaxe para descubrir a Ruta Emocional