Como chegar

Como chegar

Dende Santiago por autroestada

Dende Santiago saíndo pola AG-56 dirección Noia. Continuar polo corredor Santiago-Noia ata tomar a Saída  AC550 Outes/Muros/Noia N. Continuar por AC550 ata Outes.

Dende A Coruña por autoestrada

En A Coruña tomar a autoestrada a Santiago de Compostela e despois continuar dirección Noia.

En autobús

A estación de autobuses máis próxima é a de Noia.

Partindo de Santiago, A Coruña ou Fisterra, hai numerosos autobuses ao longo do día que fan diversas paradas no Concello de Outes.

En Tren

As estacións de tren máis próximas son as de Padrón e a de Santiago de Compostela (981 520202).

Aeroportos máis próximos

Os aeroportos máis próximos son Lavacolla, en Santiago de Compostela (981 597 400) e Alvedro, na Coruña (981 187200).

Por mar

Tamén se pode chegar por mar , xa que o porto do Freixo está adecuado para embarcacións de recreo.