QUE É A RUTA?
Dámosche a benvida á Ruta Emocional de
Os Carpinteiros cos Pés Mollados!
Chamámola emocional porque son os propios protagonistas os que che acompañarán no percorrido. Poderalos descubrir a través dos vídeos da carpintaría de ribeira, tan importante en Outes durante moitos anos e que hoxe se atopa prácticamente desaparecida.
Aquí é onde comeza a verdadeira
viaxe pola Ruta Emocional de Os
Carpinteiros cos Pés Mollados!
Descubre, paso a paso, a importancia da carpintaría de ribeira a través das testemuñas dos seus protagonistas e doutros arquivos multimedia.
A RUTA A PÉ
A continuación, amosámosche un completo mapa coa xeolocalización dos puntos máis destacados deste percorrido entre o peirao de O Freixo e Punta do Requeixo. A través del, podes acceder a distintos recursos multimedia que che amosarán a ruta de diferentes xeitos.
Nos arquivos de vídeo, ofrecémosche un pequeno adianto das testemuñas que atoparás no teu percorrido a pé por esta ruta. Como fío condutor estará a voz de Sole Felloza, narradora oral, fotógrafa e directora do festival Atlántica.
A RUTA
No noso mapa virtual atoparás todos os puntos de interese xeolocalizados no propio percorrido. Invitámosche a que te tomes o teu tempo en cada etapa e realices unha breve parada para descubrir todo o que esta ruta emocional che pode ofrecer.
Tés á túa disposición todo tipo de arquivos multimedia. Durante este agradable paseo a pé de ría adentraraste na historia do municipio de Outes e das súas xentes e coñecerás, de primeira man, como se viviu e se aínda se vive a industria da carpintaría naval.
Ademais das testemuñas, ofrecémosche a posibilidade de descubrir a contorna coma se dun miradoiro se tratase a través das fotografías Ultra HD que te atoparás neste mapa. E ofrecémosche tamén outros recursos a través dos cales te sorprenderás, como un arquivo especial que che dará máis detalles sobre a nova ubicación do que será o Museo da Carpintaría Naval de Outes, ademais dun documento sobre o estudo do borde litoral entre Punta Baroña e Punta Barquiña.
Todo isto complementado coa información que xa puideches consultar de xeito previo á túa visita. Goza deste emocionante percorrido!
CARACTERÍSTICAS DA RUTA
- Punto de inicio: Estatua de Taramancos
- Grao de dificultade: baixa, fácil.
- Altitude: nivel do mar.
- Tipo de ruta: de ida e volta.
- Percorrido: 16,5 quilómetros.
LENDA
LENDA
ACCEDE Á VERSIÓN MÓBIL
VISITA VIRTUAL
Se che presta descubrir, sen saíres da casa, aqueles lugares polos que pasarás a través da Ruta Emocional de Os Carpinteiros cos Pés Mollados, invitámosche a realizar esta Ruta Virtual. Nela, amosarémosche o percorrido tramo a tramo a través de imaxes 360º.
En cada unha delas, detallarémosche os nomes dos lugares polos que pasa este percorrido facendo, deste xeito, a ruta moito máis visual. Ademais, no menú inferior das imaxes poderás acceder a diferentes maneiras de ver a ruta a través das fotos
360º que aquí se inclúen.
Goza desta visita virtual e anímate a descubrila camiñando!
COMO FUNCIONA?
Conceptualizamos a ruta debuxando dous escenarios diferentes:
O primeiro deles será a través da información que verás nesta mesma páxina e que poderás consultar antes de realizar o percorrido.
O segundo escenario levarate á versión móbil desta ruta emocional e ofrecerate unha información moito máis completa a pé de ruta.
En ambos os dous casos, poderás consultar unha ampla variedade de arquivos multimedia (vídeos, imaxes 360º, audioguías, documentos e, incluso, fotografías ultra HD).
Estas dúas versións permitiranche obter unha visión global da Ruta de Os Carpinteiros cos Pés Mollados. Por unha banda, poderás acceder á información xeral sobre o percorrido e os distintos lugares de interese e, pola outra, poderás adentrarte de cheo na historia vencellada a este itinerario.
DESDE O TEU MÓBIL
Cando realices a ruta a pé, atoparaste cunha serie de códigos QR. Ao escanealos dende o teu móbil, accederás aos vídeos completos e a algún que outro arquivo que só poderás ver durante o teu percorrido pola ruta.
Ademais, só nesta versión, podrás acceder a imaxes Ultra HD a través das cales poderás descubrir todos os lugares que se se poden divisar desde distintos puntos do percorrido. A maiores, poderás acceder a un arquivo especial que che desvelará maís detalles sobre a nova localización do Museo da Carpintaría Naval de Outes.
TESTEMUÑAS
Na versión móbil, amosarémosche durante o teu percorrido as testumuñas completas de:
Durante o teu percorrido a pé, amosarémosche as testemuñas completas de:
MANOLO DE XAN
Carpinteiro naval xubilado
MANUEL AMADO
Propietario do asteleiro Amado e antigo carpinteiro naval
JOŚE ABEIJÓN
Propietario do asteleiro Hnos. Abeijón
SANTI LLOVO
Documentalista e autor do libro: O Freixo de Sabardes: A Terra Dos Carpinteiros cos Pés Mollados
ÓSCAR FUERTES
Arquitecto do estudo Fuertes & Penedo, responsable da restauración do antigo asteleiro de San Ciprián para habilitalo como Museo da Carpintaría Naval de Outes
PAULA VILARIÑO
Bisneta do propietario do antigo asteleiro de carpintaría naval de Garibai
MANOLA DE SARA
Mariscadora xubilada
Como fío condutor e narración estará a voz de:
SOLE FELLOZA
Narradora Oral, fotógrafa e directora do festival Atlántica
SOLE FELLOZA
Narradora Oral, fotógrafa e directora do festival Atlántica
As súas verbas levaranche por unha serie de sensacións e emocións coas que obterás unha completa experiencia. Por iso, animámoste a realizar este percorrido a pé, xa que nin verás o mesmo que na versión web, nin as sensacións que terás serán as mesmas.