Descubre OUTES

En Outes atoparedes un lugar abrazado polo mar e pola montaña, onde cada recuncho nos ensina un espazo labrado por xeracións de labregos e mariñeiros ao longo dos séculos.

Dende os seus cumios temos as mellores perspectivas dos vales, ríos e do espazo costeiro que engalana todo o territorio do concello.

Que terra tan vizosa! Que pintorescos montes!
Que vales e montañas de máxica ilusión!…
Si derdes algúns pasos, cambiades d’horizontes;
Descúbrense outras veigas, mariñas, ríos, fontes,
Que ó terno vate infunden sublime inspiración.

San Cosme

Francisco Añón Paz.

A Galicia. Poesías Galegas

Poderás atopar todo o necesario, e máis, para descubrir Outes nas nosas guías de turismo:

Webcam no Centro Náutico do Freixo

Patrimonio

Experiencias, actividades culturais, natureza, arquitectura e moito máis que descubrir.
O pracer de perderte pola historia e patrimonio de Outes.

Atoparedes os segredos gardados do seu patrimonio, que nos contan historias de petróglifos e mámoas, de igrexas, cruceiros e fontes, de antigos estaleiros de ribeira e serradoiros.

Unha ollada cultural

En Outes tendes a mellor das gastronomías, baseada nunha materia prima excepcional.

Peixes e mariscos na zona costeira e produtos gandeiros e agrícolas no interior, favorecen unha mestura de cores e sabores que nos trasladan a esa cociña tradicional pero ao mesmo tempo vangardista e innovadora.

Actividades

En Outes poderedes vivir ducias de aventuras, dende actividades náuticas de lecer e deportivas no corazón da ría de Muros e Noia a andainas, escalada ou barranquismo polas montañas e ríos que atravesan o noso territorio.

Paseos

Sendeirismo

Deportes de aventura

Todo isto atoparedes, en Outes.

A que estades esperando?