Montes

Destacan na accidentada morfoloxía do relevo outiense o gran número de montes que aparecen ao longo da súa superficie

Pedra Serpal

A pedra Serpal está situada en Cando, neste lugar atopamos penedos e pedras de considerables dimensións.

O miradoiro do Castelo

O miradoiro do Castelo atópase a 419m e ofrece vistas panorámicas da ría de Muros e Noia, e incluso da ría de Arousa con ceos despexados.

O monte da Pena

O monte da Pena, parroquia de Santo Ourente, posúe unha gran cantidade de rochas e penedos con moito encanto, como o Alto das sete fontes, 402m; A Bella, 477m ou a Pedra da Pena, 503m.

Monte Tremuzo

O monte Tremuzo, érguese como a maior altitude do noso concello, con 531 metros e dende onde podemos contemplar unha espléndida panorámica da ría de Muros e Noia.