Ruta de 1 día en Outes

Un día en Outes

Mañá

Comezaremos a mañá do noso día en Outes desprazándonos á parroquia de Santo Ourente, onde se atopa a empresa “Estivada Equestre”, para realizar un paseo a cabalo. Esta empresa ofrece clases individualizadas, saídas en grupo ou rutas pola contorna.
Podemos continuar esta experiencia percorrendo o transcorrer do río Tins e visitar “A Ponte do Ruso”, todo en Santo Ourente.

Comer

Logo dunha mañá de actividades, é hora de comer . Poderemos disfrutar dunha boa comida en calquera dos nosos restaurantes.

Tarde

Pola tarde, un bo plan é desprazarse ao lugar do Freixo para desfrutar dun cruceiro pola ría de Muros e Noia no veleiro histórico “Joaquín Vieta”. Tomaremos o veleiro que sae as 17.30 h do porto do Freixo. A travesía ten unha duración de 1h 30 min / 2h e nela poderemos desfrutar dunha degustación de mexillóns.
Unha vez en terra, poderemos aproveitar as últimas horas de sol na praia de Siavo, no mesmo lugar do Freixo, para disfrutar da praia ou realizar algunha actividade acuática como táboa lixeira, windsurf ou kayak.

Cear

Na Serra de Outes, atoparemos varios sitios onde poder cear antes de rematar a nosa viaxe. Tamén podemos achegarnos a Ponte Nafonso, onde poderemos gozar dun bo viño en calquera das tabernas desta localidade e despedir a xornada cun paseo con vistas á monumental ponte.